luns, 26 de maio de 2014

O pequeno comercio: Social, Local e Móbil.

solomo

O SOLOMO. Un cocktel chegado para quedarse.

Compre  retroceder ata Novembro do 2011 para identificar unha posibilidade  a ter en conta na comunicación corporativa do teu  #pequenocomercio e as posibilidades que ofrece para  as marcas e as usuarias/audiencia mediante os dispositivos portátiles.

A tendencia é o xeomarketing, o uso das redes sociais e dos sistemas de localización para facer valoracións e xerar conversas arredor dos lugares onde interactuamos social e económicamente, definición que foi enunciada por Rob Reed como SOLOMO en novembro de 2011, no seu traballo "The Solomo Maniffest".

A consumidora, ven de acadar un especial estatus na area do consumo. Decide ser "prosumidora". consume con criterio, e ten claro que si ten unha experiencia negativa non lle peta que ninguén mais a teña, (salvo seus enemigos) e tamén é unha persoa que espera atopar comentarios dignos e serios respecto dos lugares que vaia ir visitar.

Obviar a hora de desenvolver unha estratexia de comunicación o Xeomarketing, é  darlle a espalda a realidade e voltar a unha existencia de corazóns de xiz na parede. Social, Local, Mobil. Así é a comunicación hoxe, e si non o vemos, é que estamos ainda en onte.

¿Por qué onte? Porque seguro que soache Foursquare, Yelp, Google maps ou os Places de Facebook, e sabes o que é facer Check in (estiven en). Para facer isto so compre un smartphone, unha aplicación e un servizo de GPS.

 ¿E a cantas persoas coñeces que teñan estes requisitos?.
 ¡ Pois todas e cada unha de elas son clientas potenciais!! coas cales podes empregar todas esas ferramentas con ánimo de xerar interaccións e visitas.

Ademais a tecnoloxía está en alza, non só no mercado de edade baixa - de  pouco interés polo seu escaso poder adquisitivo-, senon tamén no segmento dos "abós" que para manterse en contacto cos netos, ser "guays" e estar a altura, tamén empregan moitas de estas ferramentas dispoñibles nos dispositivos.

As empresas que non decidiron ainda participar coas aplicacións SOLOMO nas conversacións coas súas audiencias, deberían revisar súa estratexia, e verificar que SOLOMO non encaixa na súa política e convén ser deixado de lado.

¡ Advertencia! Si eres un gran asteleiro, un fornecedor de fariña industrial ou un constructor de xeneradores eólicos de gran potencia, seguramente SOLOMO non sexa de interese para ti.

Si pola contra tes un #pequenocomercio e queres estar perto da audiencia, que te atope, aportarlle valor e mellorar os resultados , deberías empezar a   implementar as ferramentas e ver como son de útiles para o teu sector antes de que se  pase o arroz.¿Podo axudarche?

Tratase de evolucionar co público, acompañalo, facer que te atope nas canles que utiliza. Xa non vale a premisa de que a usuaria vaite buscar. 
Chegarás a encontro si estás no momento preciso no lugar adecuado.

En resumo, as aplicacións SOLOMO ou ben o uso SOLOMO das aplicacións, xeneran para audiencia coñecemento e recomendacións, ofertas de zoa, indicacións interesantes, permitelle obter a valoración de outras usuarias que pareceranlle extremadamente valiosas.
 Verba máxica: Aportan VALOR !!!
Usar estas ferramentas en definitiva, fan a vida mais divertida para a usuaria e moito mais rentable para as empresas.

Quedar fora de este ambente comercial e social, e tanto como abandonar á túa empresa á escuridade de Mordor, mentras gábase de ter o anel, o único.... que o final, non crea mais que dependencia e non leva a conquerir resultados positivos.

Este conxunto de factores  definido por Rob Reed no seu "Solomo Manifesto" como o "Localitation Based Engagement" (LBE), que nos denominaremos comprositio, por compromiso + sitio, compromiso adquirido con un lugar, acto ou producto do cal voluntariamente facemonos prescriptoras.

LBE

¿En que consiste este comprositio?

Predominantemente será unha acitividade a través de dispositivos portátiles e que incluen investigacións de locais, marcado de fotos, promoción de ofertas, consellos, comentarios.... abrese unha canle non existente ata o momento entre o consumo e a marca, e esa canle abrese mediante o dispositivo portatil ... sempre e cando o noso emprendemento estea dispoñible para ser atopado.

Os comprositios (LBEs)  mais valiosos son sociais. Correspondense co vello clásico do Marketing do boca orella usando novos medios. Estes Comprositios teñen un valor inmenso en termos de alcance, influenza e partillamento de sentires.
O valor engadido de todos estes comentarios, e que non parten da marca (inicialmente... que xa hai empresas que se empezan a ofrecer prescriptores de pago ¡!) senon de comentarios de humanas transeuntes sin implicación directa coa marca.

Contra a venda en liña, o comprositio impón a necesidade de que a consumidora atopese fisicamente no punto de venda, e por primeira vez - e insistimos en que xa imos atrasadas- as marcas poden obter comentarios sociais directamente das transaccións fora de liña.
Como queira que o comprositio, o igual que a súa esencia, é multidimensional, e podense obter comprositios a base de descontos, promocións, incentivos .... e todo elo cunha posibilidade de retorno a moi curto prazo da inversión promocional.

Saberemos que estas ferramentas que implantmos funcionan cando:
  • Verificamos que o negocio   gañou alcance no medio (canle) comparado con antes.
  • Existe aportación voluntaria de datos  por parte da audiencia.
  • A usuaria mantén sue  "Comprositio" , asinando, seguindo, recomentando.
  • Os resultados no punto de venta (caixa) melloran.
Cada plataforma caracterizase por ser algún dos bimbios enriba do cal outros desenvolvedores poden crear aplicacións. As principais plataformas permiten compartir certas características que son comúns a todos os programas que se implementen sobre elas, e que permiten usar as caracteristicas con poucos coñecementos de programación. 
A esta serie de instruccións abertas sobre unhas bases fundamentais chamanselle APIs (Aplication Programing Interface....), pero a iso nos danos igual, xa que somos consumidoras dos recursos, non as súas xeneradoras -ainda-.
Nos termos de LBE ou "Comprositio" existen 4 plataformas que destacan notablemente, : Facebook, Foursquare, Google e Twitter, pero que non son únicas, e solo o tempo porá no seu lugar a cada unha.

Estas  plataformas ofrecen as ferramentas sociais básicas que as usuarias utilizan cotiánmente.
Polo tanto, deben estar no punto de vista dos comerciantes, esquecendo o prosaico argumento das ventas, cando menos para mellorar o servizo á cidadanía que circunda túa contorna.

facebook places

Facebook LBE.

Facebook comprosito (LBE) está construído arredor das ferramentas de localización relacionadas con sites e coas pages.
Mediante o uso da xeolocalización dos posts, unha marca con diversos locais pode realizar campañas focalizadas no espazo (para promocións locais, por exemplo) e o tempo facer todo o resto da comunicación común.
Compre un chisco de adestramento, pero con moito menos coste, podese ter unha imaxe global centralizada.
¿Necesitas axuda para poñer teu negocio en Facebook? Contactame.

Foursquare:

A base da plataforma consiste en ubicacións xeneradas polas usuarias para os seus locais ou puntos de interese. Esta convirtese nunha base de datos propiedade de Foursquare, a cal xestiona e fai dispoñible a través da súa API para desenvolvedores.
As marcas poden rexistrar e xestionar seus propios lugares para xestionalos elas mesmas.(Quedame aprender a facer capturas de pantalla no teléfono... quedovos a deber a imaxe)

google places

Google LBE:

(Google Comprositio), Google Places, está baseado nos Google Maps, unha utilidade na cal baseanse unha chea de aplicacións.
Google Places, que pretende ser as "paxinas amarelas" dos negocios nas vilas, instalase enriba de esta aplicación, e consiste nunha seie de valoracións e comentarios que as usuarias fan dos lugares rexistrados.
(Si ainda non tes teu negocio rexistrado en Google Places, xa estás tardando !!! Faino xa!!)

As usuarias involucranse coas páxinas de Google Local escribindo comentarios e valorando de cero a cinco. Podese facer check-in nos sitios.
¿Necesitas axuda para poñer teu negocio en Google Places? Contactame.

Instagram

Coñecemos á perfección a popularidade desta marca para compartir e etiquetar fotos.
As empresas poden usar instagram como calqueira usuario e aproveitar as ferramentas de xeolocalización para achegar ó público ós seus lugares.
O marcado de fotos é unha actividade moi popular entre as usuarias, e é de gran valor para as marcas. Dicese que o nivel de comprositio conquerido polo Instagram e 58 veces maior que o do Facebook.

xeolocalización twitter
Xeolocalizando con Twitter.
Non estou no medio do prado,
pero está moi aproximado.

Twitter:

Ainda que twitter non ten unha propia ferramenta de "sitios", ten unha alta capacidade de xeolocalización, de gran interese para atopar tendencias en lugares. Pode usarse mediante a ferramenta trends.

Yelp

Yelp suple as carencias das outras plataformas moito mais potentes económicamente coa cercanía que amosa á xente.
As valoracións das usuarias e as recomendacións son unha medida vital para o resto das clientas e deben ser tomadas moi en serio.
A aplicación mobil do yelp ten un rexistro de entrada que ofrece botóns de partilla en Facebook e Twitter.
O rexistro para comerciantes é doado, e permite creación de incentivos para as aumentra as visitas.
 ¿Necesitas axuda para poñer teu negocio en Yelp? Contactame.

valoracion yelp
Valoración Restaurante Gálgata en Yelp.

¿E iso do Solomo para que sirve?


Solomo representa a converxencia das TECNOLOXÍAS sociais, locais e móbiles e é un cocktel de axuda a difusión da marca.
Como usuarias ou proveedoras de servizos axudanos a facer pesquisas mais dinámicas, mais áxiles, mais entretidas e para mellorar os resultados de calqueira investigación ou necesidade que sexa necesario solventar de forma inmediato.

Sinxelo, ¿Non? Social, Local e Mobil.

De seguro este concepto que vense presentando o longo deste post, non se vos fai estrano ... tempo atrás, non tanto, por certo, cando buscabas unha verba nun motor de busca, pois obtiñas os mesmos resultados independentemente de cal fora a ubicación da usuaria da consulta.
Coa implementación dos datos GPS  (Sistema de posicionamento global por satélite) e SIX ( Sistema de Información Xeográfica), os resultados son ofrecidos ás usuarias en función da súa localización.

dispositivos portatiles

O éxodo do Hardware


Temos visto na nosa propia experiencia que o comercio estase a trasladar ó ámeto dixital,  pero o salto á ubicuidade (estar en todos sitios), o importante para nos, tamén salese das estacións de traballo estáticas como as computadoras de escritorio ás tablets e mais os dispositivos móbiles.
É traballo das xestoras trocar en dixitais as ofertas, os cupóns, e adaptar ás canles de comunicación que teñen unha nova orella para nós nos novos dispositivos. (non tan novos)

O concepto físico de SOLOMO conectanos cunha realidade física tridimensional.
O Onde, o sitio . Mais a nada que observemos atoparemos a "cuarta dimensión", o CANDO.
O tempo é a dimensión que nos achega o momento cero da verdade. O da conversión.
Os anuncios, os comentarios, as observacións para ter validez teñen que ser como o peixe: Do día.
Pode ser de interese unha traxectoria nun timeline, pero de pouco valerán as valoracións de meses atrás para realizar unha interacción no día de hoxe. Si fai meses que ninguén comenta... ¿será que fai moito tempo que ninguén busca peixe? ¿Será que xa non está o peixe bon?



Para min, SOLOMO democratiza o mercado, que é tanto como democratizar a política, na medida na cal a opción, a inversión, queda de verdade na man da consumidora, e non nos medios de difusión que as grandes compañías poidan ter.

Unha usuaria usando SOLOMO pode atopar lugares reais, persoas reais, experiencias reais no seu entorno, no #pequenocomercio si acude a esa canle.

A usuaria ten entón experiencias vívidas e máxicas, divertidas, ligadas a actos de consumo sexa material ou non; e tamén as transmite.
A canle é de dúas direccións.

SOLOMO implica presencia real, comercio polo miudo, contacto intimo, experiencia de consumo. A pesares do vértigo tecnolóxico, SOLOMO filosóficamente entroncase co concepto "slow", onde atopas e disfrutas da experiencia.

As Canles do Solomo

¿Cales son pois as canles do solomo para acadar interacción?


A posibilidades incluen o uso de eventos públicos, feiras, conferencias; creacións de campañas virtuais instantáneas ou remotas, onde as usuarias poidan manter a sensación de manterse conectadas ó espazo físico central que lles preste, aló onde queira que estean.
O interactivo xa está inventado, non compre mais que trasladalo ós dispositivos das nosas seguidoras. Atopar as canles usadas  polas usuarias para que a marca manteña a presenza "real" ante a súa audiencia, ainda que non estean presentes no acto de troco final.
Obviamente, cada estratexia, creatividade e xestión de obxectivos deben ir combinados de un notable pensamento creativo, focalizado ós obxectivos e de unha amenidade suficiente para non ser abandoados ainda que o evento estease recibindo en liña.

Consideracións de interese arredor do SOLOMO:


Xa que o SOLOMO afecta a Xeolocalización debemos SI ou SI:
  • Categorizar adecuadamente nosos negocios nas Redes Sociais onde estemos.
  • Utilizar eses lugares para crear atracción mediante fotografías e videos.
  • Ubicar correctamente e de maneira precisa o negocio nos mapas.
  • Usar Hostings locais para facilitar as búscas a nivel local.

Aplicacións SOLOMO na Administración Local.

Neste video, emitido por Más Poder Local Magazine, Elena Barrios, Asesora de Comunicación en liña e Javier Navarro, Director de "The App Date" mostranos posibilidades do cocktel Solomo aplicado á Administración Local.





E ti ¿Crees que o Solomo aporta ventaxas? ¿Tes xa xeolocalizado teu negocio? 
Deixanos teus comentarios, e si che gustou o artigo, partillao coas túas amigas !!



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons O pqueno comercio: Social, Local e Móbil.,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 
 
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, na Aula Virtual de  "Aprendermos" no Facebook, ou   no  grupo "Aprendermos" do Linkedin.  


Webgrafía:

Ningún comentario :

Publicar un comentario