sábado, 21 de xuño de 2014

La Pescadería de Mi Barrio.

"La pescadería de Mi Barrio". 

As Redes Sociais e a Imaxe como ferramentas de difusión e fidelización da clientela.

Txema Iglesias van der Woude, abriu as portas de "La pescadería de Mi Barrio" no posto 44 do Mercado de Teis o 5 de Novembro de 2013, e cando o fixo xa tiña clara a necesidade de amosarse accesible á súa clientela potencial a través de canles de comunicación diferentes, as Redes Sociais, que poñen a comunicación o alcance de todas, e que ademais de servir para vender, permitiranlle achegarse mais ó público, dispoñer de un escaparate virtual e acadar un contacto moito mais inmediato coas persoas.

Txema entende que os cartos saen das ventas, pero que a a visibilidade do seu posto realmente promociona, e mais antes que despois, a curiosidade despertada nas persoas fai que se acheguen ata o seu posto a mirar/admirar seus productos  e seguramente a comprar.

"É importante non machacar a xente solo coa intención de vender, senon tamén de visibilizarse... Cando atopo na lonxa algún peixe un tanto estrano colgo a foto, e reto as persoas a que digan cal e seu nome. Con algunha de estas fotos chegamos ós 5000 impactos"

cojonudos

Facebook e Whatsapp

Xa no momento de abrir decidira que o Whatsapp ía a ser unha canle importante de comunicación coas persoas que estiveran interesadas en recibir cales eran os productos do día.

Por elo, a primeira hora da mañán, envía as persoas e os restaurantes que así o solicitaron a mercancía dispoñible cos seus prezos. Para os restaurantes é especialmente importante. Poden diseñar os menúes do día en función da oferta e da cotización no mercado sin ter que achegarse. Txema ofrece servizo de entrega a domicilio.

"Si quieres ser incluído en este grupo enviame un whatsapp y te incluyo o un privado por facebook con tu número de teléfono. Tranquil@, no te estará sonando todo el día, ya que solo se publicará la oferta del día y los pedidos se harán en privado", anunciaba cando encendia os motores do seu posto.

Para a emisión das mensaxes por IM, Txema optou polas listas de difusión, xa que permite manter a intimidade das súas conversas coa clientela "ya que si lo hago en los grupos todo el mundo se entera de lo que otra pide, y a las personas les gusta que haya discrección".

Parte do éxito da Fan Page no Facebook de "La Pescadería de Mi Barrio" consiste en obter seguidoras de calidade, en contra de ter moitas e que non interactúen. 
Para facilitar o diálogo coas súas usuarias, Txema ten aberta a páxina para que as usuarias publiquen nela, e desta forma as persoas soen poñer orgullosas fotografías dos platos terminados dos productos da peixería.

Ademais, na Facebook Fan Page:


O coste das Redes Sociais como canles de difusión
.

La Pescadería de Mi Barrio non gastou cartos na creación das súas canles de Marketing Dixital nas Redes Sociais, "eso si, esoy obligado a estar pendiente de internet. No hablo solo con las clientas que se acercan al mostrador; debo mantener conversaciones con las personas que acceden por los canales digitales. Además, requiere un esfuerzo mostrarse original e inventivo para llamar la atención de las personas, pero eso está incluido en el cargo y es lo que hace cualquier comercio cuando prepara su escaparate".


¿Plans de Futuro?

"La Pescadería de mi barrio" está estudando como diseñar unha estratexia para Twitter, que é outra canle de comunicación exenta de coste económico, e co tempo ¡ahí é nada! xa está a pensar en poñer a súa propia tenda en liña.

Deixamosvos cunha pequena galería de imaxes do Face de "La Pescadería", e enviamoslle dende eiquí un forte saúdo a Txema e un agradecemento grande pola pacencia que tivo conmigo respondendome mentras preparaba os pedidos do día que recibira grazas as redes sociais.



¿Resultouche interesante este artigo? ¡ Partillao coas túas amigas !!


E si queres estar o tanto de  trucos, experiencias e novedades dos Medios Sociais aplicados ó Pequeno Comercio, apuntate ó noso taller en liña.
Abaixo tes a ficha de inscripción.



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons La pescadería de Mi barrio,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Ningún comentario :

Publicar un comentario