martes, 10 de xuño de 2014

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais.

Noso obxectivo cando abrimos un negocio, é o incremento das ventas ata que sexa rendible, e logo que sexa quen de xenerar beneficios para a comunidade na que residimos.

A isto chamalle Juan Carlos Mejía LLanos o Circulo Virtuoso do Social Media.
Conquerir visibilidade,>> crear un impacto positivo na clientela, >>e obter con elo beneficios e recomendacións, >>para acadar maior visibilidade... e así seguido.

Mediante esta proposta non é necesario perderse no argot do Marketing, definición de obxectivos etc. Os obxectivos e a medición están no mesmo lugar, a caixa, e o primordial para empezar co círculo é adquirir visibilidade.
De isto vai ser do que falemos neste artigo.

Marketing en liña para Centros de Beleza.

"A diferencia marcada polos estabelecementos  non pode estar marcada polo  precio.Non pode ser ese o camiño a tomar para manter ou recuperar a clientela.En lugar delo adicate a ter clientas felices e satisfeitas. As clientas fidelizanse mentras son túas clientas."

As accións das ofertas pola oferta, competir exclusivamente en precio, fai que nos infravaloremos a nos mesmas, e sobre todo que non consideremos o servizo e nosos coñecementos como a verdadeira fonte de valor do noso negocio.
Debemos buscar formas de diferenciarnos das nosas competidoras, ser innovadoras, acadar visibilidade e recoñecemento por parte do público.
Si creemos boa idea realizar ofertas, será preferible agasallar a clienta con un servicio complementario, ou convidala a un acto de hora feliz na cafetería do barrio a quitarlle o valor que ten o noso traballo. Ademais, canto mais rato esté a clienta no noso local, mais rato teremos para fidelizala e falarlle dos nosos productos e servizos.

Para as que non sabemos. ¿Qué é iso da beleza?

No sentido que nos ocupa, a beleza, é  a percepción subxetiva que fai que algo/alguén nos resulte agradable e infunda e nos deleite, ou ben, como diría o Tomás de Aquino, é aquelo que agrada a vista. (quae visa placet)

E isto ben tanto dado pola sicoloxía humana, que cree que algo que ven envolto nun embalaxe bonito é bon, como pola bioloxía do comportamento, que fainos agruparnos polo aspecto con "tribus" ou grupos determiñados e fainos atractivo aquelo que nos iguala coa nosa troupe.

Esixten tamén estilos (belezas)  obrigatorios para identificarse coas circunstancias grupais do intre  e certos rituais. (gala, funeral, matrimonio...)

¿Cómo usar as redes sociais para fidelizar a clientela e incrementar as vendas do teu centro de beleza? (7 ideas)


1.- Está teu salón dado de alta nos directorios gratuitos?

Primeiro imos ver si apareces nas buscas dos teléfonos móbiles e da internet das persoas que ainda non te coñecen e buscan unha perruquería ou salón de beleza.
Esta ferramenta é gratuita. Da de alta o negocio, engade todos os datos posibles, sube fotografías elegantes do local, de ti ou teus peiteados. Usa as ferramentas de balde que Foursquare ofreceche para potenciar teu sitio.
Pidelle as túas clientas que fagan "check in" e que comenten teu servizo.

Yelp tamén é unha ferramenta gratuita.
Da de alta teu negocio, engade todos os datos posibles, esmérate coa presentación e as fotografías. Pidelle as túas clientas que fagan "check in" e que comenten teu servizo. As valoracións feitas por personas están moi valoradas por quenes buscan servizos de cercanía, xa que ofrecen moita confianza.
Lee mais sobre como Yelp pode axudar ó teu negocio.
Google Places é un servizo gratuito de Google que pon o teu negocio no mapa e o une coa potencia da busca de Google. Neste servizo as usuarias tamén valoran o lugar e as persoas, e non hai nada mellor que ter a clientas encantadas falando ben de ti.
Neste post anterior conto como poñer un local en Google Places.
Non esquezas que a tendencia do Marketing é dirixirse cara os dispositivos móbiles, para trocar en SOLOMO. Local, social e Mobil.

A ventaxa innegable de estes 3 servizos é que se queres non tes porque depender de ninguén de fora da empresa para facer as túas altas, e podes xestionalos tranquilamente ti mesma si o traballo cho permite.
Aproveita para darte de alta nas categorías nas que o teu negocio poida encadrarse, perruquería, estilista, salón de beleza...

¿Realmente crees que é mais útil unha páxina web que estar nestes directorios ?

2.- ¿Usas as redes sociais na a túa empresa?

A Rede Social mais usada no noso entorno é o Facebook, pero hai moitas mais nas que podes sentirte mais cómoda.
Se ainda non tes creada unha páxina profesional nesta redes social estás a perder unha oportunidade grande de difundir tanto o teu negocio como o teu traballo. Noutro post deste taller aprendemosche cómo crear unha páxina profesional de Facebook para teu negocio, e podeste suscribir para aprender trucos de cómo usar Facebook para potenciar teu negocio.

marketing peluquerias

Define teu tipo de negocio e teus horarios. Cubre todos os datos da páxina e concreta teus servizos.
As etiquetas nas fotografías son un aliado excelente para difundir teu salón antre o vecindario. Si as clientas cho permiten fotografía seus peiteados.
Crea álbums con diferentes coloracións e servizos que fagas, utiliza os eventos do Facebook  para potenciar o local en ocasións determiñadas. O Facebook tamén é bo lugar para promocionar certos productos que teñas a venda, como champues, suavizantes, lacas de uñas... bueno, ti sabes mellor ca min.

Postea diariamente e responde os comentarios ou preguntas que che fagan. O mais importante nas Redes Sociais é xenerar conversacións.

Atención!! Non caias nun erro común: ¡ Non fales solo dos teus productos e promocións ! Axuda as persoas tamén con trucos relacionados co teu campo, partilla enlaces interesantes.... e que non falte nunca un chisco de humor.

marketing estilistas, marketing peluquerias

Outra rede social emerxente moi intersante para utilizar como escaparate  do teu bo facer é o Pinterest. Adaptado ás tecnoloxías móbiles, é ademais unha rede amplamente usado por mulleres, e ten unhas altas tasas de conversión.
Automaticamente enlazan co teu blogue tamén de forma que regalarache un bo feixe de visitas.

Si dirixes teus servizos cara un sector de baixa edade, podes ter interese en crear unha páxina na rede Tuenti,  (adolescentes e xóvenes ata 24 anos), onde tamén poderás crear unha Páxina de Empresa.

3.- ¿Tuas clientas saben que sabes ? Crea un blogue de beleza.


Abre un blogue e contalle trucos as túas clientas e a todo o mundo. Non é nada complicado e axudarache a fidelizar a clientela e seguramente atraerá a persoas que non te coñecen ainda. Si crees que é imposible, mira ¿Como crear un blogue? e xa verás que saeche tan ben como teu primeiro peiteado.
Verás que en pouco tempo, algunhas persoas suscribiranse ó teu blogue para recibilo no seu correo electrónico e non perderse ningunha entrada.
Cada un de eses envios, dos cais ti non tes que preocuparte, serán un recordatorio de que o teu salón existe, e de que eres unha persoa que disfruta co seu traballo.

4.- Eres mais atrevida ainda ? A por youtube !!!

Animate a grabar teus peiteados e trucos de beleza paso a paso. Youtube ten unha capacidade inmensa de difusión!!
¿Ves que fácil é facer un video? Solo é poñerse. Xa mellorarás pouco a  pouco.
Túas clientas agradecerancho !!!


5.- Pon as Redes de Mensaxería Instantanea a Traballar para ti.

Podes pedirlle ás túas clientas o seu número de Mensaxería Instantanea, e pedirlles permiso -sempre, sempre,sempre- para enviarlles ofertas ou actividades e talleres que vaias realizar no teu local.
A mensaxería instantanea está recibindo a persoas que desexan maior inmediatez nas súas comunicacións, e resulta unha canle moi adecuada para comunicacións puntuais e que requiran de unha resposta relativamente inmediata.

6.- Mantén atención dos movementos do teu mercado.

Presta atención ó que se dice nas redes sociais de ti, do teu gremio  e da túa competencia. Quita conclusións e actúa en consecuencia.
Observa as novas tendencias e se pioneira na súa implantación na túa zoa.

Segmenta ás túas clientas, e usa unha canle de comunicación para cada segmento, para ofrecer servizos adecuados a cada tramo de edade ou de poder adquisitivo.

7.- Asocia o teu Marketing en line ás campaña fora de liña.

  • Busca sinerxias con establecementos complementarios os teus.
    ( Traxes de boda, restaurantes, fotografos..) ou con asociacións cercanas a ti (sindicatos, centros de veciños e culturais ...)
  • Se solidaria.
    Durante certa/s tardes do mes, ofrece o corte de pelo a persoas escasas de recursos, ou ofrece parte da facturación a unha ONG da que sexas simpatizante. En un ou no outro caso, túa acción será comentada e resultarache de moito proveito, incluso poderás sair na prensa local.
  • Recompensa ás túas mellores clientas. Podes ofrecerlle que paguen teus servizos por adiantado, por exemplo, polo abono de seis peinados levan un gratis. De esta forma aseguraste de que a prósima vez non marchen a outro salón.
  • Non fagas descontos, mellora teus servizos.
    Ti sabes o que che sale a conta, e podes ofrecer un servizo complementario de balde por algún traballo de facturación alta.
  • Lembralle ás clientas a súa cita.
    Molestate en enviarlles un SMS ou facerlles unha chamada, ou mandarlle unha mensaxe instantanea para que non esquezan que a esa hora teñen cita contigo.
  • Oferta servizos adicionais.
    Se ainda non o fas, ademais dos servizos de perruquería podes ofrecer servizos de estética, manicura, bronceado, facer talleres de coidado da pel ou de automaquillaxe....
  • Vende productos ademais de servizos.
    O teu gremio é adecuado para ofrecer outros productos ás túas clientas como poden ser champues, suavizantes, fragancias ...
  • Mantente ó tanto da actualidade do teu ramo.
    Crea unha alerta en Google ou no teu servizo preferido que informete da realidade económica e tendencias do ramo.
    Este sería un exemplo. Fai click.
Como miraches, levando a cabo estas accións gañas en visibilidade, estarás alí onde as persoas busquen, e todo elo con unha inversión  de CERO EUROS.

¿Que outras formas se che ocurren para potenciar o teu negocio de perruquería ou salón de beleza?

Si che gustou este post, partillao nas redes sociais e coas túas amigas, e si tes algunha coñecida que traballe en este gremio, falalle del. Seguro que cho agradecerá.

Si ainda non estás traballando as Redes Sociais no teu centro de Beleza, suxiroche a lectura de estes dous manuais:

Manual do Facebook. Primeiros, de Fabricio Ferry.
Guía: Tu comercio un poco más Social. Editado polas Cámaras de Comercio.


Webgrafía:
Bienestar e imagen personal. Informe Sectorial 2013.  
Union Europea/Generalitat de Catalunya
 
El círculo virtuoso de las Redes Sociales. Guía para crecer y vender en Social Media.
Juan Carlos Mejía LLano


Un plan de Marketing para salón de Belleza.
Sol Armenti.




Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons 7 ideas para vender beleza coas redes sociais,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Ningún comentario :

Publicar un comentario