martes, 22 de abril de 2014

Uso de Códigos QR no Sector Inmobiliario

qr para inmobiliarias, aprendermos, manolofreiria

¿Qué son os códigos QR?


O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado inicialmente para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994.

Os códigos QR empezaron empregandose  durante a fabricación   para o seguimentos dos compoñentes.
O sistema fixose moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais.
O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits,etc. (Galipedia).

qr, qr para inmobiliarias
Captura do Artigo Qr na Galipedia.

¿Cómo se lée un Código QR?

qr para inmobiliarias, manolofreiria
En Inmodulce.
Os códigos QR leense con lectores específicos que dependen do dispositivo.
Para as comúns das humanas, debemos ir ó noso proveedor de software do noso smart-phone (Google play para Android, App Store para iPhone, Blackberry OS, Firefox MarketPlace...), buscar un lector de Códigos QR e instalalo.

Unha vez fixeras isto, coa aplicación aberta, dirixes a cámara do teu dispositivo cara o código que desexes leer, e a aplicación levarate ó enderezo ou contido ó cal o código apunta)

¿Por qué poden ser útis os códigos QR no comercio inmobiliario?

Esta nova forma de comunicar, sirvenos para facilitar o acceso ás nosas clientas ós servizos que ofrecemos, que poidan ver as fincas de forma inmediata e incluso para evitar desplazamentos.

¿Por qué non deixar que as interesadas voten unha primeira ollada ó piso dende a sua tableta ou teléfone -plano de distribución, mobiliario, vistas etc- antes de que nos chamen?
Poderemos ser moito mais productivas facendo as saídas nas cais teñamos realmente posibilidades de pechar unha operación, e terás a tua web funcionando durante mais tempo nos terminais portátiles da túa clientela potencial !!

A canle habitual de venda das Inmobiliarias na rúa veñen sendo principalmente os cartaces ubicados nos inmobles en aluguer ou venda e mais a exposición dos locais na propia oficina.

¿Que conquerimos engadindo un QR á nosa publicidade/taboeiro de anuncios?

Basicamente darlle acceso inmediato ás clientas ó interior do inmoble, satisfacer de xeito inmediato a curiosidade da consumidora e aforrar unha chea de tempo en acompañar as clientas ó piso.
Ademais, temos aberta a oficina 24 horas, 7 días á semana.

qr para inmobiliarias, manolofreiria


¿Cómo xenerase un código QR?

Dende o teu terminal busca un xenerador de códigos QR como QR-GeneratorQRCode, Codigo-QR .... ou calisqueira outro, o que mais rabia che dea.
Inclue o documento onde queiras que apunte (URL, texto, Vcard...) e xenerao do maior tamaño posible.
O documento que agora tes comportase igual que unha imaxe calqueira.

¿Como inclues un código QR na túa publicidade ou comunicacións?

Para os cartaces que colocas no teu escaparate e que preparas ti mesma, ou a persoa encargada delo, faino igual que fas sempre para poñer a foto e a descripción.
Un código QR e un elemento que ten formato de imaxe e como tal pode tratarse.

Para a publicidade, folletos etc, pide ó teu proveedor que o inclua no espazo que estás contratando.

Para os cartaces da rúa, fala coa túa proveedora de reprografía e encargalle uns adhesivos de vinilo para incluir no teu cartaz de exteriores.

qr, qr para inmobiliarias

Limitacións dos Códigos QR.

  • Non se deben xuntar varios QR. Seu aspecto semellante aturden á receptora.
  • Non deben colocarse en lugares que obriguen a contorsionarse para leelos.
  • Colocados sobre elementos móbiles (como autobuses ) só teñen efectividade no momento no cal estes están parados. Valora a conveniencia.
  • En lugares moi distantes. Si non son do tamaño suficiente non poderán ser escaneados.

Outras posibilidades dos Códigos QR.

  • Engadir un código QR nos carteis promocionais que apunten a súa páxina de Facebook.
  • Nos folletos promocionais para que a xente vexa a casa da semana. Coloque distintos códigos en distintos folletos para ver cal ten maior impacto.
  • Nos obxectos promocionais. Insira un código QR no seu merchandising para que as persoas accedan facilmente á web da túa empresa.
  • Poña un QR que leve a un mapa en Google Maps das  propiedades que administras.
  • Coloque un código QR nos anuarios para dirixir a xente ó seu sitio ou Rede Social.
  • Apunte con un código QR á súa páxina de Yelp ou FourSquare para que a xente poida facer "check-in"
  • Conecte con códigos QR seus boletíns impresos a súa información en liña.

Neste ocurrente video, 37 exemplos de uso dos códigos QR.




E a tí, ¿Ocurrenseche mais utilidades para os Códigos QR?


Si eres unha persoa ocupada para crear os teus própios códigos QR ou atopaste con algunha dubida, contactame, podo axudarche.





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Uso dos Códigos QR no sector inmobiliario,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post,  ou no grupo Aula virtual de  Redes Sociais  de "Aprendermos" no Facebook , no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.


Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario