luns, 28 de abril de 2014

Cómo poñer teu blogue en Google

Guía Optimización Motores Google 2011.PDF.
Xa temos noso blogue, con fotos, enlaces...  pero o que queremos é que Internet nos atope, saiba de nos, reciba nosas mensaxes.
Pero.... 

¿Cómo facemos pra que Google nos Atope?


Para elo necesitamos que os motores de busca nos presten atención para que as persoas nos lean e reciban nosos contidos.

En esta entrada quero recopilar unha serie de técnicas constatadas que melloran o comportamento das túas páxinas de Internet sin ter que tocar o código do CMS.
Imos falar de S.E.O.

  ¿Qué é o SEO ???



O SEO ou posicionamento en buscadores é un lento proceso de mellora da visibilidade de un sitio web. Chamaselle SEO por aquelo do "Search Engine Optimization".

Cuestións Comúns para mellorar o alcance SEO.


Crea textos orixinais:

Referirome a que non esten copiados. (Si ademais son orixinais e divertidos, pois tanto mellor, claro). Si usas material copiado Google decatarase e penalizarache. Por copión o primerio e o segundo porque non gosta dos contidos duplicados.

Crea contidos de calidade e longos:

Si túa páxina son solo un par de párrafos, as lectoras votarán moi pouco tempo nela. Intenta conseguir crear contidos que aportenlle ás persoas para reter ás lectoras mais tempo. Si... Google tamén valora iso.

Publica con regularidade:

Os buscadores valoran as webs que se actualizan con frecuencia.
Marcate un ritmo de publicación de unha ou duas veces por semana - e cumpleo- para que sexas considerada como unha fonte interesante de información.

Pon Título e Descripción nas imaxes da túa Páxina:

Inclue en todalas imaxes as etiquetas Alt e Title. Si non o fas os buscadores non van saber que son e non poderán indexalas, polo que non aparecerán nas buscas de imaxes dos motores.

Enlaza as imaxes dende sitios de aloxamento:

Si tes as imaxes en Flickr ou calqueira sitio de hospedaxe de imaxes e as enlazas dende o teu blogue alí, reducirás considerablemente o tempo de carga da páxina, o cal será de gusto das túas usuarias.

Date de alta teu blogue ou web nos buscadores.


E peca por esceso, e non fagas trampas.
Bing: Bing NewMasterTools.
DMooz: Sitio onde ademais dos Robots, organizan as humanas. Dmoz Directory
Google:Webmaster Tools.

Traballa os enlaces. (Linkbuilding)

Acostumate a enlazar teus artigos entre si de unha forma natural, e apunta a fontes relevantes dende os teus contidos.Daraslle maior consistencia a túa páxina e será ben visto polos buscadores.
Os enlaces que crees deben ter un texto que "entendan" as máquinas. Non poñas "Click aquí", senon ... accede a noso tutorial de Facebook. (publi... )

Tiralle rendemeno ós esforzos que pasas no teu blogue.

As visitas sin conversións é como estar ocupada e non producir nada.

O obxectivo de mellorar a facilidade de atopar teu blogue ou páxina web ten que ser conquerir que as visitantes fagan algo que pretendes ou que se espera de elas..

¿Como qué cousas?
  • Deixar un comentario. ¡Comenta!
  • Compartir o artigo nas redes sociais. ¡

Elimina Plugins.

O plug-ins son todos eses trebellos que colocamos arredor da nosa páxina. É importante que valores cal é a utilidade de cada un deles, e quedate somente cos imprescindibles para non ralentizar a carga da túa páxina.

Responde ós comentarios e comenta en outros blogues:

A participación da comunidade é un punto de moita importancia para o fortalecemento do teu sitio.
Responde os comentarios con presteza, e participa dando a tua opinión en outros blogues. É unha satisfacción para as creadoras recibir comentarios que os alaben ou que axuden a correxir as eivas que poida ter o traballo.
¿Vasme deixar un comentario ti, porfa??

Protocoliza o traballo de difusión cando remates un artigo:

Este é un traballo que pode levarche igual media hora, pero logo de publicar un artigo, é de suma importancia difundilo nas diversas redes sociais e foros nos que participas.

Ferramentas SEO: Atopa as verbas chave.

Emprega os motores de Busca:

As verbas chave son aquelas que queres que as usuarias atopen nas buscas, e polo tanto son aquelas que desexas posicionar (que saian o mais arriba posible nas páxinas dos buscadores como Ask, Bing, DuckDuckGo, Google, Ixquiq, SotialMentionStartPage, Yahoo, etc ).

Nalgúns deles sairache unha serie de buscas relacionadas co teu concepto, que poden darche ideas de cales son os intereses; das usuarias.

Define a lista das verbas polas que desexas ser coñecida, dai unha lista e realiza unha busca  busca con cada motor para saber como andas de competencia xeral e observar cales son os termos que mais se amosan.

Efectivamente o motor mais empregado para as buscas é o Google, pero non tes porque desperdiciar os outros programas, xa que poden iluminarte ou axudarche a descartar determiñadas verbas como chave.
¿Cantas webs amosanse? ¿Qué tipo de competidores tes? ¿Que buscas relacionadas fai a xente?
Lembra marcar un intervalo temporal, por exemplo, 1 ano ou o último mes, para que quede claro que os resultados que estás recibindo correspondense con intereses actuais.

Utiliza o Google Trends:

Google Trends permitenos coñecer as tendencias por volume de buscas de verbas e todo elo analisado por zoa xeográfica.
Tamén podemos facer a comparativa entre varias verbas, para ver cal é a que ten maior impacto, e aportanos ademais unha serie de buscas que as persoas fan relacionadas cos termos introducidos.
Nesta busca comparamos a influencia dos conceptos "productos ecológicos", "productos biológicos" e "productos bio".

google trends, manolofreiria, aprendermos

Usa o  SEO e PPC de Long Tail.(Camiño longo).


Moitas persoas están obsesionadas por posicionarse usando verbas xenéricas do seu sector.
Esta tarefa resulta dificil e por cara, desaconsellable.
É dificil porque canto mais xenérica é a verba, mais competencia hai, e mais caro porque canta mais competencia resulta mais oneroso situarse.
É mais aconsellable centrarse en termos mais concretos, que pode ser que atraian moitas menos visitas, pero que serán de unha moita maior calidade e permitiranos recuperar os esforzos invertidos con mais facilidade.

A idea é simple: Tratase de atopar verbas mais concretas que nos traian tráfego de calidade.

Imaxinemonos unha tenda de productos ecolóxicos en Vigo. Intentar mercar a posición Tenda, compite con 216 millóns de resultados. Si usamos "Tienda Ecológica", teremos que competir con 39.000; "Tienda Ecológica Vigo" con uns 600 resultados; e si usamos o termo "Ecotienda Vigo" competiremos con somentes 5.

No caso do pago  por click, (publicidade pagada na cal abonase á empresa cada vez que alguén fai click no noso enlace) normalmente non quereremos pagar polo concepto tenda. ¿Crees que alguén que quere mercar hortalizas faría esa busca? Pode ser que as persoas que escriban iso solo busquen fotos, ou ver productos; pero seguramente non terán a intención de mercar.

Se o miras claro, optarás por este tipo de camiño, que chamanlle o "Camiño Longo" ou "Long Tail", onde buscanse expresións que traen poucas visitas, pero de persoas realmente interesadas nos teus productos. ¡ O problema está agora en acertar con elas!! Por sorte existen unha serie de ferramentas que poden axudarnos con esa tarefa.

Google AdWords axudache coas verbas:


Google AdWords é os sistema de publicidade de pago que usa Google para facer publicidade patrocinada. Son eses anuncios que aparecen no principio ou no lateral cando faise unha busca.

Para facilitar o traballo dos anunciantes (e tamén para facer probas) dispón dunha serie de ferramentas en liña que permiten analisar as diferentes verbas, a súa competencia e incluso o coste de cada puxa que podes facer por elas.
O mecanismo de AdWords é simple. A cliente escolle as verbas, puxa por elas e paga unha cantidade a Google cada vez que unha usuaria fai click no enlace. 

Cando introducimos unha serie de verbas que creemos que poden ser interesantes para o noso campo, Google amosanos unha serie de conceptos relacionados con a cantidade de buscas medias mensuais, e unha gráfica coa evolución da busca no tempo separando tamén por dispositivos.
Isto daranos unha idea da densidade de busca das verbas do noso interese ou mercado.

google adwords, posicionamento, aprendermos, manolofreiria

Verifica túa audiencia potencial co Google Display Planner:

O Display Planner (planificador) achegaranos ós datos demográficos cos que están relacionados os intereses da nosa audiencia.
Eleximos intereses, ubicación e idioma, e sairán os datos de edade, xenero, dispositivo de busca e os conceptos de busca ordeados por relevancia, xunto co número aproximado de impresións que tivo cada busca.

palabras chave, manolofreiria, aprendermos, adwords

Outras Ferramentas para atopar verbas chave:


Free Keyworld Tool de WorldStream.
Tes 30 buscas de verbas chave de balde.

WorldTracker:
Limitadas buscas. Chegan para facerte unha idea.

Ferramenta de busqueda de Twitter.
Observa o que se dice relacionado coas tuas palabras chave e atopa ideas.

Usa as verbas chave:

Empregaas nos nos teus textos, etiquetas e categorías.
As primeiras verbas de cada páxina teñen mais valor para os buscadores, así que pode ser unha boa idea facer unha entradiña resumindo o artigo: Incentivarás a lectura e aproveitarás  para posicionar mellor tuas verbas.

Emprega verbas chave en tíduos e negriñas:
Cada vez que poidas emprega as túas verbas importantes para crear tiduos, e resaltalas con negriñas cando sexa oportuno. Daraslle mellor apariencia ó texto co formateado e axudarás a Google a que te catalogue.

Por último, ¡ Pon Pasión e todo teu corazón no que fas !
 

Ti... estás traballando xa o posicionamento ? ¿Coñeces outros trucos para posicionar mellor as páxinas?
 

Si tes unha amiga blogueira que esta batallando por acadar visitas, faille chegar este artio por e-mail, polo twitter ou polo facebook !!!






Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons .....,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.


Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Webgrafía:

6 Mentiras y consejos sobre posicionamiento web.
Carlos Chen.
50 Preguntas y Respuestas sobre SEO y posicionamiento en buscadores #FaqSEO.
Bruno Vazquez Dodero.
75 Pasos para hacer SEO y mejorar YA tu posicionamiento en buscadores.
Bruno Vazquez Dodero
Guía para Principiantes sobre Optimización de Motores de Búsqueda.
Google.2011.
SEO y PPC de Long Tail.
Juán Boluda

Ningún comentario :

Publicar un comentario