luns, 31 de marzo de 2014

¿Qué é un blogue?

Un blogue é un sitio web actualizado periódicamente  onde recopilanse cronolóxicamente textos ou artigos (chamados posts), aparecendo o mais recente primeiro.
As veces chamados bitácoras, en relación os cadernos que gardaban os apuntes da navegación dos barcos, soen denominarse así cando sua autora escribe arredor das sua vida ou experiencias pero en formato web.
Normalmente conteñen un espacio adicado ós comentarios que permiten manter conversacións entre a autora e as usuarias.


¿Para qué sirven os blogues?

Sin ánimo de ser intensivo, diriase que un blogue podese utilizar como diario persoal, escribir teus poemas, comentar tuas viaxes, amosar tuas receitas de cociña ou a colección de orquídeas .... poden tamén ser útiles para promocionar a propia marca persoal, ou como vedes, neste humilde exemplo, para intentar explicar que é o blogging e en que consisten as Redes Sociais e os usos que podenselle dar ás novas tecnoloxías para potenciar as marcas de cercanía e mais as PeMEs.
En cada entrada, ademais dos textos, poderás incluir fotografías, videos e tamén arquivos de son.
Amén disto, facer un blogue representa un reto intelectual, no que te obligas a dar o mellor de ti, documentarte, e o tempo coñecer mellor o teu eido profesional.

Elementos comúns das diversas plataformas de blogues:


Comentarios:
Podense facer comentarios mediante formularios.(abaixo das entradas). Isto permite que xenerense coversacións arredor da temática, pero para evitar  "disgustos", valera a pena moderar as opinións que poidanse verter nel, o cal quere decir, que a autora deberá autorizar a publicación antes de que as demais usuarias a vexan.

Enlaces:

Encamiñamento a outras webs ou documentos que permitan ampliar a información arredor da cuestión tratada.

Redifusión:
Nos blogues solen aparecer diferentes fórmulas para que as usuarias sexan quen de seguir os contidos, ou ben trasladalo ás diversas redes sociais.

Tipos de Blogues:

O Blogue persoal:

Son lugares onde manifestanse experiencias persoais, reflexións, desafogos, descubrimentos....
Ainda que un blogue sexa persoal, podese convidar a outras usuarias a publicar nel, facendo mais rico, variado e divertido.

Microblogues:

É a práctica de publicar pequenos anacos de contido dixital na internet. Poden ser textos, fotos, enlaces, videos cortos...
O microbloggin ofrece a posibilidade de comunicación en tempo real, e convertiuse nunha canle fundamental para a difusión de noticias actualmente. Exemplos notables de microblogging pode ser o Twitter.

Blogues Corporativos ou de organizacións:

Cando os blogues pertencen a unha organización, falamos dos blogues corporativos.  Estes poden ser privados ou públicos. Nos casos nos que son privados, solen ser emmpregados internamente para mellorar a cultura  ou a comunicación de unha corporación.
Os públicos usanse para facer Branding, Marketing ou Relacións públicas.

Blogues colaborativos:

Solen ser blogues temáticos redactados por diversas persoas. Cada autora escribe co seu propio toque persoal, pero a temática sempre correspondese co sector ou área coa que "etiquetase" o blogue. Un exemplo deles pode ser "Equipaxe de man", un blogue redactado por diversas persoas arredor de viaxes, aloxamentos, sitios...

¿Coñeces a alguén que necesite un blogue? Envialle este post, seguro que cho agradecerá. (e eu tamén a difusión !!)

Webgrafía:




 
Licencia Creative Commons Qué é un blogue?,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario