luns, 31 de marzo de 2014

Os servizos de Internet son... ¿Gratis?

As usuarias de Internet estamos encantadas polo feito de que moito dos servizos que usamos diariamente sexan supostamente gratuito.
Digo supostamente porque en realidade non o son. A cambio do uso do servizo, estamos as ceder os nosos datos, e deixamos que as "arañas" recopilen información (as veces non tan anónima) relacionada co uso que facemos deles.

Cando falamos de gratuidade, non debemos valorar solo o coste económico. O feito de que non desembolsemos cantidade algunha para poder usalos non significa que non lle esteamos pagando as empresas; mais ben o contrario, pero iso si, non con cartos, senon cos nosos datos e os nosos hábitos, que son estudiados minuciosamente por programas diseñados específicamente para "destripalos".

O uso de gratis (ou de balde), ó longo deste artigo, debese entender pois  como o concepto de "Non pagar nin dar nada a cambio".

Cando damonos de alta ou rexistramonos nun servizo web, sempre temos que aceptar uns "termos e condicións" de uso do servizo, as normas do xogo entre o prestador do servizo e as usuarias.


¿Qué permitimos dando permiso ós servizos da Internet?

Normalmente cando aceptamos os termos e condicións de uso, estamos dando permiso para acceder á nosa información peroal, isto pode variar moito en función do tipo de servizo.
No caso das redes sociais mais comúns, a información que proporcionamos pode ser moi elevada, xa non solo polo que poñamos nos nosos perfís, senon porque as empresas gardan datos como aas páxinas e perfís que visitamos, as aplicacións que usamos.
Sin querer (ou sin saber), por exemplo, o subir unha foto, podemos estar compartindo a data, a hora e o lugar de realización, así como o tipo de cámara usada e as características técnicas da foto (diafragma, velocidade...)

google, cockies

¿Como converten as compañías nosos datos en cartos?

Principalmente grazas á publicidade.
A analise continuada das nosas costumes de navegación xeneran unha publicidade sumamente estratificada (segmentada, din os publicistas), que redirixida ás usuarias terá moito maior impacto, que o tempo convertese nun maior beneficio económico.

Pode sorprender, pero parrafos coma este, podenser ler nas políticas de servizo de Google:

google, publicidade
"A publicidade permite que Google e moitos dos sitios web e servizos que utilizas sexan gratuítos. Traballamos duro para asegurarnos de que os anuncios non molesten e sexan o máis seguros e relevantes posible. Por exemplo, non verás anuncios emerxentes en Google e, ademais, cancelamos as contas de centos de miles de editores e anunciantes que infrinxen as nosas políticas cada ano (incluídos os anuncios que conteñen software malicioso, anuncios de artigos falsificados ou aqueles que tentan efectuar un mal uso da túa información persoal)."

Preveendo situacións indesexadas

Para controlar que é o que as compañías poden saber de vos, leede con atención as condicións de uso de todos e cada un dos servizos que usedes antes de aceptalas. Logo, aceptade ou non, pero conscentes xa de cales son os datos cedidos.

Unha ferramenta útiola para facilitarnos a comprensión das condicións e termos, que en moitas ocasións son longos, complexos e ademais nunha lingoa descoñecida, podese usar o servizo “Terms of Service, didn't read”, que axuda a comprender e simplificar todo o relacionado coas condicións de uso do servizos mais empregados polas usuarias.

10 Consellos do Parlamento Europeo para protexer a túa intimidade:

1.-Non respondas a todo o que se che pregunte. Contra o vicio de pedir, está a virtude do non dar.
2.- Configura o teu navegador para que non acepte "cockies" de terceiros.
3.- Asegurate de que tuas señas garanten a privacidade dos teus datos. Non empregues as mesmas señas para todos os sitios os que accedes.
4.- Indaga un pouco e fíxate no perfil de outras utilizadoras. O mesmo que ti podes ver neses perfís, pode ser que se vexa no teu.
5.- Pon a resgardo os teus datos persoais. Verifica o que escribes para estar certa de non estar a revelar datos.
6.- Peche as suas contas cando as deixe de usar. Evite o acceso a "cheiróns" cando vostede estea a navegar pola rede.
7.- Certifiquese da privacidade da sua rede wifi. Protexaa con contrasinal de forte cifrado (WPA)
8.- Vostede ten unhas formas de navegación seguras, pero ¿at que ponto podese confiar na seguridade dos sitios web e mais os seus sistemas de seguridade?
9.- Use un sistema de pago exclusivo para o comercio en liña. Fixa un límite de creto baixo para limitar os danos.
10.- Lea atentamente antes de asinar. Por exemplo, algúns servizos renovanse automáticamente se non rescinde nun prazo determiñado.


privacidade internet

¿Cal é a túa opinión? ¿Son os servizos de balde, ou pagamolos dabondo?




Voltar ó Indice de Redes Sociais.
 
Licencia Creative CommonsAs redes sociais son... ¿gratis?, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario